É
tarde. Son as doce e media da noite. Patxi Andión canta “Rogelio”.
Hai uns minutos acabou “Silverado”,
a película que Lawrence Kasdan rodou en 1985, nos anos en que o
Oeste estaba de capa caída, e que, por
contagotas, asomaban pequenas xoias coma esta e “El jinete pálido”,
de Clint Eastwood. Desde ese ano para acá, pouco a pouco, o xénero
do Far West semella que rexorde,
do que me alegro unha barbaridade. Agora é
Shawn Colvin quen canta “Round of Blues”. A música nunca pode
faltar no meu ordenador. Mentres escribo, escoito música. Mentres
traballo, escoito música. Aínda que sexa tarde. Fóra queda unha
noite máis ou menos quente. Din, comentan que axiña volve o frío e
a neve. Normal, estamos no tempo. O tempo climatolóxico actúa como
lle dá a gana. Fai ben. Quen somos nós para amañar
a climatoloxía! Se non valemos para nada. Nin para ditar sentenzas.
O meu compositor fetiche, Jerry Goldsmith, asoma polos auriculares.
Non, non é co tema “Under Fire”, da película “Bajo el fuego”.
Por certo, este tema, para un servidor, é o mellor tema que se
compuxo nunca para unha película. Así de claro o digo. Os meus
amigos feisbuqueiros estarán aburridos del, pero... É
tarde.
Finca
Fierro. Venres, 2 de novembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario