jueves, 15 de noviembre de 2018

MAZAR A LENDIA

Dagaredo Oriol Garrapito quería mazarlle a lendia ó seu veciño Edesio Digno Calcaria, pero non se atrevía. O medo é libre. E Dagaredo, aínda que non lle tiña medo-medo a Edesio, si lle tiña respecto, moito respecto. Porque Edesio Digno era moito home. Era grande case coma os días de maio. Non obstante, Dagaredo, que non é que fose máis pequeno, sabía que algún día mazaríalle a lendia. Non se esquecía do que o seu veciño lle fixera, de rapaz!, un sábado do meus de xuño do ano 73 no monte Medo.
Edesio díxolle a Dagaredo que se quería un Celtas que lle ofrecía para fumar tiña que tirarse á toxeira que había á súa beira. Dagaredo fartouse de suplicar polo cigarro pero sen facer ningún intento de botarse de barrena á toxeira. Axiña comprendeu que as ameazas dos seu “amigo” ían en serio. Desesperábase por un cigarro, e moito máis cando vía como estaba a fumar o outro. Mirou varias veces para os toxos bravos nun intento de calibrar os riscos. Edesio ría a cachón. Pero non cedía. A Dagaredo, se quería fumar, non lle quedaba outra que tirarse. E tirouse. E doéronlle máis as risas do seu veciño que as picadelas dos toxos. Algúns día voulle mazar a lendia, pensou. Ó final, Edesio deulle un Celtas.

Finca Fierro. Xoves, 15 de novembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario