domingo, 18 de noviembre de 2018

PERDIDO E ABURRIDO

Estou completamente perdido. Tantas canles televisivas como temos e na noite do domingo non proxecta ningunha unha película con xeito. Tanto foi así que, ante o desastre, preferín poñerme boa parte da noite co ordenador. Tampouco é plan de ir facer zapping cando teño outras cousas que facer.
Estou completamente aburrido. Porque as cousas que teño que facer, case se pode dicir que xa as fixen (falta concluír este relato), e aínda queda moita pero moita noite. Si, porque as noites dos domingos adoito marchar tarde á cama. Para que vou ir antes se ó final non durmo. As fins de semana trastórnanme, revíranme o sono. Polas mañás ergo máis tarde e, para máis aquel, dou cabezadas nas sestas. Así é que, polas noites, déitome ás tantas. E, claro, pasa o que pasa. Estou completamente traspoleirado. Porque non sei que facer. Non son ninguén sen ningunha película en carteleira. Só me gusta ver películas. Nada de series. Nada de programas. A lectura, tamén, cada vez me cansa máis. Esta maldita idade! De rapaz lía libros enteiros. Levábaos acochados na barriga cando ía para o monte coas vacas. Era a Lola a tal se se decataba de que levaba eses e non os de estudar. Sigo completamente perdido e aburrido. A música é a que me salva. Escoito música.

Finca Fierro. Domingo, 18 de novembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario