domingo, 25 de noviembre de 2018

NOSA PILASTRA, NOSO SOSTÉN


O ritual das mañanciñas domingueiras é o de erguerme tarde e marchar coa muller a tomar un café e ler La Región. Rematada esta saímos para ir mercar o pan. Tres mociñas abórdanme xunto á panadería. Déronme un papeliño moi ben envolto e atado cun fío de cor violeta, creo. Papá, irmán, amigo... tes medo de regresar só á casa pola noite? Tes medo de saír só a facer deporte? Eu si teño medo de saír soa, e non quero telo”.
Enfronte mesmo, o concello de Barbadás tiña instalada un toldo polo do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller. Chapeâu para este concello que leva xa un tempo loitando contra moitas adversidades sociais. Merquei a barra de pan e xusto cando chegaba á altura da muller (ela quedara a esperarme), tamén lle estaban a dar outro papeliño. “1 de 4 adolescentes ve `normal´ a violencia na parella. Axúdanos a cambialo!”. Quero poñer o meu granciño de area con este pequeno relato. Porque a tal violencia non soluciona nada. Tan só produce medo. E co medo dentro non sabemos vir. Atrofiámonos. E con razón. Sei que é complicado amansar o demo que levamos dentro. Pero entre todos temos que conseguilo. Hai que recoñecer dunha vez por todas que a muller é a nosa pilastra, o noso sostén. Foino sempre. E será sempre.

Finca Fierro. Domingo, 25 de novembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario