Teño
razón cando digo que odio os chintófanos
eses (os emoticons)
que proliferan nas mensaxes electrónicas
para expresar estados de ánimo,
obxectos ou accións. Resulta que neste verán pasado realizáronse
unhas oposicións para ocupar 20.000 prazas de profesores de
Ensinanza Secundaria e Formación profesional, e case o 10% dos
postos quedaron desertos polas deficientes cualificacións
dos aspirantes. A maioría desas anomalías
debíanse ás faltas de ortografía e gramaticais. Coidadiño, eh;
que o asunto é moi grave, moito máis grave có que semella lendo o
enunciado. Pois hai que ter en conta que as faltas cometidas son duns
candidatos a docentes; a mestres ou profesores que lles ensinarán a
escribir ós nosos fillos ou netos.
É certo que o dos
chintófanos é
case o de menos, pois se sabes escribir risa ou corazón ou sorriso
ou enfado ou susto ou sorpresa ou amor ou
rabia ou queixa... entón que máis
dá o uso dos chismes.
O peor é cando empezas a recibir guasaps ou comentarios no feisbuq.
Non esaxero se
digo que moitas veces non sei o que me din, principalmente no
feisbuq. Teño que espremer
a cabeza para adiviñar o que me poñen. Ás veces intúo os
comentarios polo asunto que se publicou ou por un anterior comentario
propio ou de alguén. Hai veces que lle dou ó Me Gusta por simple
cortesía, porque entender non entendo nada.
Por iso digo
sempre que, entre os chintófanos,
as faltas e o inglés estamos acabando, non só co galego, senón que
tamén co castelán. Somos moi amigos de abreviar e de escribir sen
parar mentes, a como saia. Eu mesmo cometo
moitas faltas ó escribir, principalmente no teclado do móbil,
porque é pequeno e porque teño un dedo zoupón,
inepto; pero non me importa borrar unha e
cen veces ata que vexo que non hai faltas ou ata que procuro que non
haxa faltas, que algunha
sempre se escapa. Pero penso que non é o mesmo unha que non entender
nada de nada.
O Estado debería
esixirlle ós que crean esas aplicacións ou “cousas”
informáticas que puxeran algo semellante a unha
alarma que non deixase seguir escribindo
cando asomasen faltas de ortografía. O
asunto é máis serio do que se pensa. Eu, en principio, négome a
poñer chintófanos
e a abreviar as palabras. Deberiades de
seguir o exemplo. Polo ben da nosa lingua.
Café
América de Celanova. Venres, 16 de novembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario