viernes, 16 de noviembre de 2018

FESTAS DO SAN ROQUE EN ALMOITE

Todos sabemos o que son unhas festas patronais. As de San Roque, en Almoite, no concello de Baños de Molgas, celebrábanse e celébranse a mediados de agosto, porque o día 16 é o seu día grande. Hai un tempo atopeime cuns apuntes nos que xa no ano 1927 daban conta desas festas, que foron os días 19, 20 e 21, de venres a domingo. Así, o primeiro día, ás doce da mañá, un repique xeral de campás e unha salva de bombas, anunciaron a festa. Pola tarde, a “aplaudida banda de música de Allariz que dirixe o mestre Castor” percorreu as rúas da aldea tocando o que se tocaba naqueles tempos: pasadobres a darlle cun sacho.
Ó día seguinte, sábado, ás sete da mañá alborada tamén polas rúas. Hoxe en día, a esa hora, aínda se deita a xente do día anterior. Ás dez, misa solemne e procesión do milagreiro Santo polo itinerario de costume. As cerimonias relixiosas correron a cargo do “virtuoso párroco” de Baños de Molgas, don Camilo Pérez, “tan querido nesta contorna”. Pola tarde, gran festa na Praza Maior, ou sexa, onde a igrexa. O día 21 repetíronse os festexos do día anterior. Como fora sábado, ó mellor alguén tivera que traballar e... non ía quedar coas ganas. Como se ve, pouco cambiaron daquela época a esta, se exceptuamos algúns horarios.

Finca Fierro. Venres, 16 de novembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario