Noite
de inverno. Chove. Funga o aire. Os
coches pasan sobre as rúas molladas. Molladas porque chove. E chove
abondo. Leva case toda a noite chovendo. Ata creo que toda a tarde.
Non o aseguro porque eu estiven toda a tarde lendo na cama, coa
persiana baixada e a luz acendida. Lin o libro galego “A
candidata”, do coruñés Miguel Sande. Libro curtiño, de tan só
127 páxinas. Pero que volume de literatura, que volume de dureza,
que volume directa ás entrañas. É deses libros que marcan, que
deixan pegada.
Chove. Sabina di que quen máis quen menos agarrouse a un cravo ardendo. Canta razón. Quen máis quen menos vai pola vida ás vorcalladas ou botando as campás a voar sen ter por que. A espada de Damocles cortaba pola metade a madrugada, segue a dicir Sabina. Este cantante é certo que di moitas cousas, e con certezas que che atravesan o peito. Chove. Queda noite de inverno. Os anteollos están sobre a mesa, patas arriba. Non os preciso. Para o cerca. Pero aínda así, os uso; ó cerca. Quítoos de de figos a béveras. Asubía o vento e algún paspán pensará que é o son dunha orquestra sinfónica que actúa na Finca Fierro. A noite non está para tocar nin para bailar fóra. Chove. Funga o vento. Vai frío. Chove sobre mollado. Noite de inverno.

Finca
Fierro. Martes, 6 de novembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario