Non
entendo nada. Ás veces les declaracións nas que te preguntas ó
momento se alguén pensa que somos parvos.
Les
titulares que non che entran nin
polas asaduras.
E, despois, se se le a noticia enteira, ves que a desenvolven de tal
maneira que non queda outra que admitir que... chapeâu pola paisana
que levou a cabo o gran experimento, a gran tese.
Resulta que unha economista realizou unha tese, toda unha tese (con todo o que significa unha tese) na que relaciona a cor política co que reciben os concellos. A ver!, eu polo menos quedei alucinado, e foi aí cando pensei que nos toman coma paspáns. Unha tese para saber o que xa sabe hoxe un rapaz de 16 anos, por exemplo, e que intúa un pouco como se desenvolve a política no noso país. Non hai que ser linces para saber que o que domina reparte, sen miramentos nin rabo de gaitas, para os seus submisos, para os seus vasalos. Algúns ata incluso o espallan sen vergoña. Aí está, para que se saiba ben quen manda. Seguro que na nosa terra hai varios concellos (poucos, esa é a verdade, porque gobernan en poucos) que saben moito disto, que saben que non cheiran un euro ou unha obra porque son doutra cor política. A do desamparo.

Finca
Fierro. Domingo, 16 de decembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario