Gael
Souto Carballo saca un paquete de Celtas do interior da chaqueta de
pana e ofrécelle un cigarro ó seu amigo e veciño Hadrao Hipótese
González.
Están
os dous sentados no mazadoiro da fonte da Aira de Arriba falando do
que se lles ben encima. “Están a piques de chegar os días nos que
hai
que meter
o pote grande dentro do pequeno”, dille Gael a Hadrao. Os dous
refírense ós banquetes farturentos e que non se fan habitualmente.
Hadrao Hipótese afirma coa cabeza unha e outra vez mentres lle pega unha longa chupada ó pito que lle deu o seu amigo. Hadrao é de poucas palabras, ó revés de Gael Souto, que fala e fala aínda que sexa co cigarro na boca. Noméalle todos os produtos que, en principio, pensa mercar. “E iso que aínda queda case un mes”, sentenza. Durante todo o ano non fará outra cousa, pero eses días é certo que pensa meter o pote grande dentro do pequeno. Logo dunha longa chupada, Gael tamén lle numera, axudándose cos dedos das mans e co cigarro na boca, claro está, a familia que vai sentar á súa mesa. Unha mesa que ten que instalar nunha sala á parte, porque nin na cociña nin no comedor que ten na casa lle collerían. Porque Gale Souto é de moita familia. Máis de corenta, que xa é dicir.

Finca
Fierro. Xoves, 6 de decembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario