viernes, 14 de diciembre de 2018

TORNAR A AUGA

Hai que empezar a facer algo útil. Lanzo a aguillada con dirección ó ceo. Se cae de punta, collo un sacho e vou tornar a auga ó Río Vello. Se cae plana, collo o mesmo sacho e vou tornar a auga á Barxeliña. Antes de que caia xa sei que vou tornar a auga. Coidadiño, se por casualidade non cae, collo o susodito sacho e vou tornar a auga ó Pontón. Fixo que vou tornar a auga. A aguillada cae plana. Toca ir á Barxelina.
Tornar a auga na Barxeliña ten o seu aquel, porque ten tres regos. Se é luns só podo regar có rego de arriba. Se é mércores, có de arriba e có do medio. E ós venres si, ós venres, métolle tralla, doulle estopa ós tres regos: o de arriba, o do medio e o de abaixo. Hoxe é venres; toca, polo tanto, polos tres regos. Imos alá; collo o sacho e métome pola carreira de Bouzas. Ó chegar á Pontella atallo polas poulas dos veciños de Bouzas. A noite xa está enriba. O medo é libre. Pero eu, coma un heroe, sigo. Máis noite será ó volver, pero... Pero bótome a cantar para axotar o medo. Ó chegar ó lameiro da Barxeliña torno a auga e vixío un chisco a que as toupeiras non fagan das súas, que non me leven a auga para outros lares. Ó chegar á casa bótolle unha mala mirada á aguillada. Pero, agora, xa está.

Finca Fierro. Venres, 14 de decembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario