Non
sei se me pare a contemplar os coches que pasan pola rúa ou se
indague nos
biosbardos que asomaron na miña vida cando tiven
un tempo no que soñaba.
Agora
mesmo venme un flash
coa Nicolasa ourensá. Si, esa que estafou
a unhas
vinte
persoas vendéndolles traballo dicindo que tiña influencias do PP.
Ai, que terá este PP... Cando o río soa... Ó mellor son os propios
biosbardos os que me levan a fixarme na romana
da xustiza. Nunca está equilibrada. Nunca.
Non sei se pense nese alucine que collín cando souben de que en Suíza seica se celebrou un referendo para saber se se prefería que as vacas mantivesen ou non a cornamenta. E máis cabreo collín aínda cando lin que un gandeiro galego (e imaxino que algúns máis) é partidario de serrarlle os cornos ás vacas. Eu sei o que lle había que serrar a eles. E estou por apostar que non fai falta que lance un referendo. Os galegos, ás vacas, deberiamos de telas nun pedestal e non maltratalas desa maneira. Ó final, os biosbardos venceron á contemplación duns coches que corren e van e fan ruído e contaminan e detéñense e pitan e lévante. Os biosbardos quedan en min.

Finca
Fierro. Sábado, 8 de decembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario