Sigo
co fútbol. Están os equipos
estratosféricos. Están os equipos grandes. Están os equipos
modestos. E están os equipos pobres ou
equpiños. O Reus é destes últimos.
As
estrelas dos estratosféricos ganan cartos ata o infinito e máis
alá. Os bos xogadores dos equipos grandes cobran moitos cartos. O
cadro
dos equipos modestos cobran... o van cobrando. Os xogadores dos
equipos pobres cobran de cando en vez.. e cando cobran.
Os xogadores do Reus levan tres meses sen cobrar. Os xogadores do Reus teñen familias. E aínda que non teñan familias, teñen dereito a cobrar porque traballan o mesmo que os galácticos, que os bos e que os modestos. O outro día, no partido Alcorcón-Reus, quedaron achantados no campo durante o primeiro minuto, en protesta por un soldo que merecen coma outro xogador calquera. O fútbol é un xogo, pero é o seu traballo. O Alcorcón, nese minuto, puido marcar. Dedicouse a pelotear dentro da súa propia parcela en solidariedade cos seus compañeiros de traballo. Eu, agora mesmo, dáballe o famoso “xogo limpo” ó equipo madrileño. Eu, agora mesmo, collía ós responsables desa situación tan desastrosa e sacáballes os cartos das asaduras. Que non é un mes sen cobrar, señores, que son tres meses xa.

Finca
Fierro. Luns, 10 de decembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario