Sigo
a traxectoria de David Ferreiro coma se fose un parente. Non é
parente, pero é veciño (O
meu concepto de veciñanza pode estar á altura do familiar).
Intento ver os seus partidos para poder gozar do seu fútbol, que é
moito. O domingo pasado, contra o Real Madrid,
xa
me sentei ante o televisor con media hora de antelación. Non fose
que no café me pillasen as boas mesas. Tívenas
todas á miña disposición.
Despois, o mellor, estaba por chegar.
Chegou a actuación estelar do rapaz. Nin esaxero nin me deixo invadir pola emoción; pois tanto os comentaristas da televisión coma tres mozos que estaban na mesa de atrás e que eran do Real Madrid estaban de acordo, todos eles, de que o mellor do partido era David Ferreiro. Que estaba a ser o pesadelo do Real Madrid. Tan só lle faltou o gol (maldito Courtois!). Tamén foi moi triste que, a pesar da impresionante actuación de Ferreiro e de todo o equipo de Huesca, o Real Madrid saíse vivo do Alcoraz. O Huesca non só merecía o empate, senón incluso a vitoria. Pero xa se sabe o que pasa no fútbol... O estadio coreou o nome de Ferreiro. Un servidor deixa aquí plasmada a súa admiración por ese corre camiños de Baños de Molgas.

Finca
Fierro. Domingo, 9 de decembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario