A
xente esbardalla
contra os ultras futbolísticos
porque se citan para darse de paus.
O
ser
humano sempre ten un demo dentro e, cando está só, intenta máis ou
menos controlalo, mais cando se sente arroupado pola chusma, entón
deixa que o demo ensine os cornos. A finais de maio de 1926 non creo
que existisen os ultras no fútbol, tal como os coñecemos agora,
pero bastaba unha pequena caninea
para armala.
Os mozos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas citáronse para saber quen era o máis bravo ou que demo tiña os cornos máis grandes. A cita para a batalla campal era en Xunqueira. Non obstante, e como levo repetido varias veces, a Benemérita non é parva, polo que tan axiña como tivo coñecemento da futura liorta, presentouse no lugar no que se iniciaría a somanta de paus. Non lles quedou outra que disolverse, claro. Porque naqueles tempos, a Garda Civil tamén tiña o seu xenio, causaba o seu medo. A un tal Félix Bouzas Movilla, de 23 anos, e veciño de Xunqueira pilláronlle unha pistola automática cargada con sete balas (sete presuntas vítimas). Detivérono ó momento, porque, para máis aquel, non tiña a correspondente licenza.

Finca
Fierro. Martes, 8 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario