Lembro
que o libro “Cinco horas con Mario”, de Miguel Delibes, me
impresionara tanto que sabía
ó momento que, durante un tempo, escribiría desa maneira. E durante
un tempo, polos
anos oitenta,
escribín relatos a base de monólogos.
A
compañía Silvardeiras Teatro (que
se non erro é de Allariz)
representou hai uns días na Casa de Cultura Manuel María de
Barbadás a obra “Tarabeleando con Mario”, que, como se intúe, é
unha versión moi libre da novela de Delibes. Aínda que eu, logo de
ver a obra, case a titulaba como
titulo este Pingas de Orballo.
Porque o coche da
marca Tiburón
máis o Paco tiñan o seu aquel.
Once viúvas, de distinta índole e condición, desde a ama de casa ata a hippy, desde a beata ata a boticaria e pasando pola costureira e a chorona, entre outras, culpan ó seu home defunto, ou sexa, a Mario de todas as adversidades, frustracións ou calamidades da vida. Que xa sabemos todos que esta pon moitos atrancos no noso curto percorrido. Pero sorteámolos. Coma elas, coma esas viúvas que esquivaban, que eludían os atrancos grazas ó Tiburón vermello e a Paco, claro. Ó final, Paco era un artistiña de moi bo ser e mellor estar. Tanto que lle comeu a todas a boroa. Ó final saín contento de “Tarabeleando con Mario”.

Finca
Fierro. Domingo, 27 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario