Coidado
cos petróglifos!
Hoxe lin unha nova na que nun concello de Ourense descubríronse
varios petróglifos.
E fochicando agora mesmo no feisbuq, atopeime con que o amigo e actor
Suso Lista subiu unhas fotos de máis petróglifos
alá por Corme.
Polo
concello de Baños de Molgas tamén, ultimamente, se descobren
petróglifos
a moreas. Pois ben, digo coidado con eles porque eu sei dalgúns en
Baños de Molgas, máis en concreto na Chaira e en Barricobos, que
non sei se serán auténticos petróglifos.
Poida que si. Non son un entendido na materia.
Pero lembro de rapaz
que, ó andar no monte, estabamos dálle que dálle ós buracos ou
pociños ou cazoletas ou coviñas para afondar máis os existentes ou
para facer uns novos. Incluso faciamos como guías, como canaliños,
como regatiños duns ós outros para así, cando chovese e se
enchesen os primeiros, correse a agua para os seguintes. Entendo que
moitos deses pociños ou coviñas poida que sexan da época de máis
alá do coñecemento, pero tamén sei que algúns terían que pasar
milleiros e milleiros de anos para ser considerados como petróglifos.
Non son un entendido.
Pero matabamos as tardes dándolle ós penedos da Chaira e de
Barricobos.
Finca
Fierro. Mércores, 2 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario