O
frío é a escusa perfecta para Lamberto Barreiro Lavador; para non
facer nada.
Querer
sempre quere algo, pero sen esforzo, sen traballo ningún. Lamberto
Barreiro quere sacar o grilo sen facer terra. Así de sinxelo e de
campante. E non lle importa amosar esa actitude ante calquera veciño,
incluso ante os mellores amigos. Toda a vila cre que Lamberto, o
fillo do Costabrava, naceu xa nugallán. A proba é que, de cativo,
ata lle quitaba o chupete da boca á súa irmá Rexina, a filla da
Parromeira. Quitáballo
para chupalo eu, claro. Non era capaz de buscar o seu.
E digo ben o dos chamamentos: os veciños seguían a lóxica de a filla coa nai e o fillo co pai. E aínda que eran irmáns, en cuestión de alcume... cada ovella coa súa parella. Nin Lamberto era o fillo da Parromeira, nin Rexina a filla do Costabrava. Hai veciñanzas que, moito coidadiño, teñen o seu aquel. En cuestión de esforzo, de traballo, do que fose, Rexina era completamente distinta ó seu irmán. A ela non lle amargaba nada facer o que lle correspondese, pero Lamberto só era amigo de sacar o grilo sen facer terra, ou sexa, de querer algo sen suar. Era listo de rapaz e é listo de home feito e dereito. Era o fillo do Costabrava e da Parromeira, que na contorna non eran uns pobres espíritos.

Finca
Fierro. Luns, 14 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario