Vivimos
nun país no que rexoubamos coas desgrazas alleas. E damos o
espectáculo aínda que sexa á conta dun neno, dun pobre cativo que
tivo a mala sorte de caber por onde non colle
un mosquito. Ás veces a vida dá paus con varas de goma.
E coincidencias da vida; o sábado vin un
cacho deses famosos documentais da segunda canle televisiva no que un
guepardo estivo á espera da súa ocasión,
do seu momento: aquel no que unha cría de impala se despistaba, se
distanciaba da súa
manada. Ata aquí podo facer o símil do propio accidente de Julen
(un cativo que se despista dos pais, ou quizais mellor viceversa, e
cae nas gadoupas
dun buraco). Non
obstante, despois chegou a realidade, tanto
na sabana como en Totalán. Na sabana asomaron axiña os voitres, e
de tal maneira que nin o guepardo nin os seus cachorros foron quen de
afastar a eses preeiros, a eses larpeiros.
En Totalán, tan axiña como rematou o impacto ou
a conmoción da calamidade,
do accidente apareceron prestos, lixeiros,
veloces os voitres de certos medios de
comunicación. Case se pode dicir de todos os medios de comunicación,
pois o
que estea libre
de pecado, que tire
a primeira pedra. E a partir de aí empezou
o circo, a feira.
O
día 27 de outubro falaba neste mesmo xornal sobre a marabilla deses
autores que cun
simple debuxo ou unha simple frase nunha
viñeta dos periódicos
dicían máis que un periodista nun extenso artigo ou crónica. Pois
ben, hai unha viñeta na que asoman tres voitres representando a La
Sexta, Antena 3 e Telecinco, e
ollando para un pozo. Nada máis. Pero suficiente para sinalar, para
dar a entender todo o que eu escribín no
anterior parágrafo.
Líbreme
Deus de ir en contra da liberdade de expresión! Eu, que sempre
defendín e defenderei con unllas e dentes
ós periodistas, ós xornais, ás televisións (perdón, hai algunhas
ás que lles desexo a quebra
absoluta e total) e incluso ás redes sociais. Pero hai situacións
nas que o propio Goberno tería que botar man. Se moitos de nós que
somos “pouquiña cousa” distinguimos unha noticia dunha feira, o
Goberno, que son os máis listos do barrio, deberían parar toda a
mofa, todo o circo que moitas veces arrodea unha
catástrofe, un revés, unha desfeita.
Finca
Fierro. Sábado, 26 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario