Somos
moi amigos de facer comparacións. Odio as comparacións!
Incluso as odiaba cando as dicía miña nai. Esta sempre me andaba
coa ladaíña de...
mira como o teu amigo fai isto ou aquilo. Vale, moi ben; pero eu fago
outras cousas que non fai o meu amigo. Ás
veces, de mala maneira, lle contestaba que o meu amigo chamábase
como se chamaba, mentres que eu chámome Chito e punto. Odio as
comparacións! Moitos
comparan a mineiros e gardas civís e sanitarios e diversos oficios
de carácter social cos futbolistas, co que ganan os futbolistas e co
traballo que fan, que representan. Cada
un ten o seu cometido e punto. Cada un debe de saber para que vale.
Un sanitario salva vidas. Ó mellor un futbolista tamén. Ó mellor
un futbolista enche de tal felicidade a un afeccionado, a un neno que
non enferman nunca. Porque esa alegría que desbordan dálles ás. Ó
mellor uns futbolistas fan partidos de homenaxes por tal ou cal
colectivo. Os
políticos tamén son moi amigos de cotexar.
Que se en Francia tal, que se en Portugal cal, que se en Venezuela,
que se en Xapón
ou Alemaña... En Alemaña pasará algo que non pasa en España e
viceversa. Se
eu son parvo, por que ten que ser parvo Nicomedes,
o fillo da Pinchorra. Pobre rapaz!
Finca
Fierro. Luns, 28 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario