Polo
mes de xullo de 1926, Ourense contaba cuns 700 vehículos
matriculados, coche arriba coche abaixo. Toda a provincia de Ourense.
Non sei cantos lle corresponderían á propia cidade. Pero por moitos
que fosen, naquel ano, non creo que os accidentes fosen moi
abundantes. Non obstante, habíaos. Un deles acontecen na rúa
Progreso. Unha camioneta atropelou á anciá María de la Iglesia, de
60 anos de idade, e veciña da capital das Burgas (ollo ó dato, por
eses anos, ter 60 anos era ser vellos).
A mulleriña levaba en brazos a un neto de dous anos e medio. Cando intentou atravesar a rúa, e a pesar de que axiña viu a camioneta, non tivo tempo de retroceder e alcanzouna de cheo desprazándoa uns metros. Axiña a trasladaron á Casa de Socorro, pero faleceu xusto ó entrar. O milagre aconteceu coa criatura que levaba encima: que saíu ilesa. A camioneta, que levaba moita carga, dirixíase á estación do ferrocarril. Conducíaa o chofer Germán Silveira, veciño de Baños de Molgas. E de copiloto ía o propietario da mesma, don Ángel Martínez. O dramático do asunto (a maiores do fatal desenlace) penso que está no detalle de que, case sen vehículos, a señora cruzase xusto cando viña un de... cincocentos, por exemplo?

Finca
Fierro. Luns, 21 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario