Sempre
presumín un pouco de ser optimista; en cuestións políticas, por
exemplo, e incluso de calquera índole. Tamén
sempre fun moi confiado. Principalmente
sobre os medios
de comunicación, porque son polos que nos decatamos de todo o que
hai, de todo o que asoma nesta nosa sociedade.
Poño de exemplo o da chegada á lúa. Sei
de moita xente que pensa que iso foi unha trola, unha
argallada ianqui; mentres que eu sempre
confiei no famoso paso de Neil A. Armstrong. Agora, non sei se é
pola idade ou porque os acontecementos, principalmente políticos,
empezan a desbordarme, empeza a propagarse
en min un chisco o pesimismo e case
se me dá por soñar ou por angustiarme ante a posibilidade daquelas
cunetas da guerra e da posguerra.
Si, xa sei que pode semellar unha tolemia o meu pensamento, pero é que en pouco tempo asoman nos xornais novas sobre certos personaxes que son como para tremer. Silvio Berlusconi quere volver para ser candidato ás eleccións europeas. Jair Bolsonaro fai e desfai ó seu antollo en Brasil. Nicolás Maduro en Venezuela. O Frente Nacional de Marine Le Pen en Francia, Donald Trump nos Estados Unidos. Vladímir Putin en Rusia. Vox en Andalucía. Sinceramente, estamos perdidos! O asunto empeza a ser demasiado serio. A sociedade quere buscar tal cambio que penso que non tardará en asustarse, en caer na conta de que o cambio vai moito máis alá dun simple “a ver que acontece”. Moito coidadiño que, ó mellor, xa non conseguimos parar o erro cometido. E que deus nos pille confesados, pois hai algúns por aí que estou seguro de que queren empezar a encher cunetas, e canto antes mellor.

Xa
que nomeei a Vox, non me queda outra que comentar as declaracións do
seu secretario xeral, Javier Ortega Smith, sobre a nosa lingua.
Segundo el: “en Galicia preténdese levantar `apartheids´
lingüísticos, por iso hai que protexer o español”. E
quedou tan campante, tan oufano, tan satisfeito! Protéxeo
do inglés, alma cándida, e non do galego. O inglés está a
merendar, a devorar
a todos os nosos idiomas e non vos dades conta. Pero
para vós non, para vós é o galego o que embucha, o que engula ó
castelán (por certo, castelán, non español; que españois somos
todos)
Finca
Fierro. Sábado, 19 de xaneiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario