viernes, 11 de febrero de 2022

O CAZARRECOMPENSAS

Ás sete da mañá apareceu a policía local pola miña casa. Asustáronme, claro... a policía local, a esas horas... Pero axiña me tranquilizaron. Que era tan só para pedirme un favor. Que sabían da miña profesión de cazarrecompensas sen pegar un tiro. Que o xefe sioux Rabo de Vaca, buscado pola xustiza, estaba a cabalo no Alto de Sudalomba. A mensaxe era clara, entendina ó momento. Querían saber se eu estaba disposto a botarlles unha man... sen disparar ningún tiro.


Que si. Pero coa condición de actuar eu só, á miña maneira. Aceptaron de mala gana, porque eu ben notei que querían levar, despois, os méritos (Si, e eu quedar de parvo, non te amola). Collín a bicicleta BH e marchei, a pedaleo lento, con dirección ó monte Medo. Completamente desarmado, só cun lindo sorriso nos beizos. Tan axiña como pasei Outeiro Barbeiro xa vin na distancia a silueta de Rabo de Vaca. Era unha fermosa estampa a súa, semellaba de película. Porque para máis aquel, a aquelas horas, era cando saía o sol pola serra de San Mamede.

A uns metros do sioux saudeino como se saudaba na época das verdes pradarías, e por moito que hoxe estivésemos no século XXI. Rabo de Vaca impuña no seu cabalo. Ante un xesto meu de ofrecemento, baixou do animal e sentou á miña beira. Estivemos de parola un cacho e cando me confesou que era o derradeiro sioux, díxenlle: “larga, que eu non te vin”. Ós locais conteilles que fuxira co seu nome entre as pernas.


Café A Pedreira. A Valenzá. Venres, 11 de febreiro de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario