miércoles, 27 de abril de 2022

UNHA MÁQUINA DE MATAR!

Ás sete da mañá iluminouse a miña pantalla do móbil cunha mensaxe que me dicía que 200 rusos estaban a manobrar por Detrás da Lomba; que actuase, pero xa! Que para iso son o Rambo molgués, o neto do xeneral Patton. Erguín nun lóstrego e, sen tan sequera almorzar, fun á corte a desatar ó burro Metralleta. Púxenlle a albarda e unha alforxas. Collín un simple fouciño, subinme ó Metralleta e para o Medo marchei. Non hai coma un fouciño; que non mete ruído. Ía saber o puto Putin como as gasta o Eusebio Sibarita, é dicir, o Rambo molgués, o fillo da Eulalia, A Cotrosa.


Ó chegar ó Medo, atei ó Metralleta a un piorno vello que hai no medio dos Currás e fun medio acochado pola cuneta esquerda da estrada que vai ós Milagres. Cando cheguei ó alto da Portela xa empecei a zigzaguear por entre as xestas e piornos, arrastrándome e buscando a exacta localización dos invasores rusos. Non tardei en ver a un mexando. Co fouciño xa imaxinaredes o que lle fixen. Non lle dei tempo tampouco a que berrase.

Golpe a golpe, paso a paso, piorno tras valado, Detrás da Lomba axiña se tinguiu de sangue e vísceras. O fouciño é unha boa arma para abrir en canal. A miña camuflaxe era tan perfecta que nin o mesmo Putin se decatou daquel fouciño que voaba. Porque, si, tiven a sorte de que alí estaba tamén o tipiño ese. Agora deixo ó voso albedrío, á vosa imaxinación o que metín nas alforxas. En menos de dúas horas entrei triunfal en Baños de Molgas. Son unha máquina de matar!


Café Sports Century. A Valenzá. Mércores, 27 de abril de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario