martes, 25 de julio de 2023

A CONTA ÉCHE BOA!


En Estados Unidos quen levan sempre as de perder en enfrontamentos policiais ou de xustiza son os negros, os portorriqueños, os de por aí abaixo, é dicir, todos aqueles que non sexan ianquis de pura cepa. En España non somos menos (por moito que o sr. Feijóo e demais políticos ou personaxes institucionais digan que non somos racistas). Aquí crucificamos axiña ós xitanos, marroquís, árabes, negros e, tamén, por aí abaixo, ou sexa, todos aqueles que non sexan patriotas-patriotas. Aquí, neste noso país, mesmo lle amargamos a vida a aquel español que se sente nacionalista. É máis, ata poría en primeiro termo a estes que ós de por aí abaixo.


Vén todo isto a colación porque hai uns días o Tribunal Supremo admitiu que un inocente pasou, por erro, 15 anos en prisión. O desatino estivo en que seica se semellaba ó auténtico culpable, sumándolle a desvantaxe, a gran desvantaxe de que era marroquí. Ah, carallo; coas razas topamos. A conta éche boa!

Para que perder tempo, ganas e máis cartos en investigacións se tiña que ser ese o culpable. Coa pinta que tiña... De ser de onde era... Para que buscar máis. E non se buscou máis. E estivo pechado 15 anos, que tampouco é tanto. Que son nesta vida nosa tan acelerada 5.475 días? Día arriba, día abaixo. Menos mal que ó ser marroquí non era negro. Seguro que lle duplicaban os anos: marroquí, árabe, de aí abaixo... como para ser negro tamén. Menos mal que o salvou a cor da súa pel. Non obstante, repito: non somos racistas!


Cafetaría Urgencias. Ourense. Domingo, 2 de xullo de 2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario