lunes, 31 de julio de 2023

UNHA APOSTA


Podo escribir os versos máis tristes esta noite. Escribirei un pequeno relato, e o asunto vai que chuta. Tampouco é plan de poñerse tristes por querer imitar a Neruda. O mellor que podo facer é marchar á cama e durmir. Durmir porque estou esgotado. Esgotado precisamente de non durmir, e non por traballar. A ver se me explico.


Levo un mes, catro días, cinco horas e os minutos que pasen mentres escriba polo menos isto. Todo consistiu nunha aposta. Porque o ser humano é moi propenso a ser de papo cheo ou a poñerse moi ancho en calquera circunstancia, parola e egocentrismo. Estabamos a falar (no bar, onde se non) do que durmiamos uns e outros. Que se por quebracabezas, que se por ver televisión, que se por escoitar a radio, que se por facer “os deberes”, que por se tantos cafés, e así un rosario, un feixe de dixomedíxomes que nos foron afoutando, encoraxando e, ó final, xa non sabiamos quen a botaba máis grande.

Pois eu son capaz de non durmir durante meses, soltei. Primeiro fíxose o silencio e, despois, asomaron as gargalladas. Gargalladas que, co paso do tempo, tornaron a xestos de preocupación e de asombro. Os amigos róldanse ou aquéndanse por noites e días para comprobar que non me durmo. Sei que en calquera momento pasarán da aposta, porque un mes, catro días, cinco horas e os minutos que pasen ata que admitan a derrota son suficientes para aburrir ós máis insomnes e ós máis espertos.


Cafetaría Urgencias. Ourense. Venres, 7 de xullo de 2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario