martes, 14 de abril de 2015

CAER A MALETA Ó MAR



 
               Están a volver os tempos de cando a moita xente lle caeu a maleta ó mar. Tempos nos que a emigración estaba á orde do día, e moitos, máis dos que se pensan, volvían máis pobres ca marcharan. Isto adoitaba traducirse coa locución “caer a maleta ó mar”. Sigo opinando que a maior desgraza dun país é a emigración. E hoxe volvemos estar cheos de desgrazas. Unha pena. E ó mellor será dobre cando haxa que regresar, pois algúns traerán escrita na fronte esa locución. Doe ver as fotos antigas, principalmente esas das despedidas en estacións de tren ou nos portos; reflectían todo o que deixaban atrás. Quizais hoxe esas fotos se trasladen máis ós aeroportos, pero o reflexo segue a ser o mesmo... o que queda, o que se deixa, a angustia do non saber, do non coñecer. Saben perfectamente que non todo é como o pintan. E incluso antes de marchar, xa lle temen ó regreso. Non saben como será a volta, e moito menos cando. Caer a maleta ó mar. O gran medo, a gran angustia, a gran miseria, a gran pena. Parece mentira que en pleno século XXI volvamos a ver imaxes da posguerra. Pero as olladas reflectidas nas fotografías  non menten; son o espello da crise, do atraso, do país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario