miércoles, 8 de abril de 2015

PORQUE HAI QUE ESCRIBIR



 
               Si, porque si, porque si, porque hai que escribir. Da vida que dá moitas voltas e non se detén nunca. Da vida que queda estancada nun instante, nun momento e non avanza. Da vida que é unha carallada e que, ou non sabemos vivir ou a vivimos a tope. Algúns nin dunha maneira nin doutra. Porque lla segan. Nas guerras. Nos atentados. Nos accidentes.
               Si, porque si, porque si, porque hai que escribir. Do silencio que deixou de ser silencio para converterse en ruído. Do ruído que se volve barafunda porque somos coma cans ladrando, ou aínda peor, coma lobos ouleando. Do ruxerruxe traidor e falso. Do dixomedíxome falso e traidor. Do tren que me leva pola beira do Miño, segundo Andrés do Barro.
               Si, porque si, porque si, porque hai que escribir. Da camisa a cadros que leva un servidor porque non a leva branca. Do pantalón vaqueiro porque non é de pana. Do ruído dos coches porque non son motos. Do respirar acougado porque non hai sufoco. Do pelo de Sansón porque alguén llo cortou. Fóronselle as forzas. A algúns vánselle pola boca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario