miércoles, 15 de abril de 2015

HUMOR A GARGALLADAS



 
               Sempre hai alguén que che alegra a vida. Ou polo menos un instante, unhas horas. Tamén e verdade que eu son de risa fácil. Mais non rin só. Tamén riu xente que ó mellor está a pasalo mal. De aí que é un pracer atoparse con mociñas coma Nabiza Girl. Foi na Casa da Cultura da Valenzá. Entrou ó escenario coma un lóstrego, coma unha bulebule e xa non deixou de esbardallar durante unha hora ou máis. Non é por nada, pero a lingua galega ata lle vai como anel ó dedo ó seu humor. Deu igual que fose con retranca ou con humor duro, con sentimento ou aloucadamente; o caso foi que Isabel Risco alegroulle a noite ós paisanos que enchiamos a sala. Humor de sorriso dentífrico. Humor a gargalladas. Nestes tempos que corren facer rir é unha auténtica heroicidade. Nabiza Girl conségueo desde o primeiro segundo. A min xa me alucinou co nome. É que o de Nabiza... uf, que forte. Auténtica muller espectáculo que fai rir, que deixa participar, que ataca e contraataca. E o ton de voz que usa non é peixe podre. Ten o seu aquel mantelo así durante unha hora. Neniña, grazas polo monólogo co que nos recompensaches. Hai anos que xa te vira alá por Muros e xa naquel tempo prometías. Hoxe es un realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario