Morriña e saudade ou señardade
son palabras galegas sobre as que non descubro nada, nin polo seu uso nin polo
seu significado. E neste lote, nesta partilla tamén podemos meter a retranca,
con permiso do nabo de Lugo e do sempiterno e internacional carallo, o patrón
de Galicia. Tanta retranca, tanta retranca para nada. Semella que os galegos
estamos entre os españois con menos alegría e peor animo. Manda truco! Quen o
ía dicir! Penso que na sondaxe, os enquisadores confundiron o touciño coa
velocidade, o bacallau coas verzas. Non sei, pero creo que na análise botarían
man desa morriña e desa saudade para chegar á conclusión de tristeiros,
apagados. Non foron capaces de adiviñar a retranca neses mesmos substantivos.
Simulamos que temos morriña e saudade para que... a eles que lles importa! Xa o
teño dito con respecto ás famosas subidas e baixadas (o galego non sabe se sobe
ou baixa) Sabemos, sabemos!; o que pasa é que non llo dicimos ós curiosos. Que
lles importa a nosa vida! Somos alegres e temos bo ánimo, pero non llo dicimos.
Sabinillos do carallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario