Macario Grego Feliz apoia as mans na
varanda da ponte que cruza a vía do ferrocarril e mira para á
esquerda e sabe que aí, ós poucos metros, está Bouzas. Mira para a
dereita e ve o camiño que leva ó muíño do Dositeo. Pero se mira
para adiante, alá está... a boca negra. A boca negra que dá medo.
A boca negra descoñecida. Está afastada, pero alá está. A
incógnita é que haberá máis alá. Se é que hai algo.
Macario Grego Feliz mira fixamente para o fondo, segue a liña dos raís e, zas, atópase coa boca negra, coa negrura. Ata el mesmo non sabe se se atreverá a achegarse. Aperta con forza a varanda ó mesmo tempo que escoita o grallo dunha pega. Mal presaxio, pensa ó momento. Desde rapaz sempre lle dixeran que as pegas traían mala sorte, que eran coma espíritos malignos nas almofadas dos soños. Macario Grego Feliz deixa caer un esgarro sobre a vía e camiña cara á boca negra. Vai devagar, ás veces facendo equilibrio sobre o raíl dereito. Cando non se sostén intenta pisar só nas travesas para evitar que os coios lle manquen os pés e para que non lles manchen os zapatos. A uns trinta metros da boca negra dá media volta. Non quere darlle a razón á pega e queda coas ganas de saber o que hai máis alá daquela negrura. El non o sabe, pero máis alá só está a Ponte das Cepas.

Finca Fierro. Mércores, 11 de abril
de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario