O sol pegaba con forza sobre o
palleiro de herba de Iago Vilamelle. Eran as catro da tarde cando, á
sombra do palleiro, se sentou Ladislau Eslavo Imperial. Por certo, o
segundo apelido deste íalle como anel ó dedo, porque Ladislau era,
como se adoita chamar, un bicho, un auténtico besta de home. Era
máis cadrado que alto, máis forte que fraco. Que carallo, era duro
coma un penedo. A el non lle entraba nin o ferro.
Tamén é certo que a súa inmensidade o facía suar a chorro. Ademais, a aquelas horas. Pero a Ladislau Eslavo Imperial non lle quedaba outra que acubillarse á sombra do palleiro. Acababa de botalo da casa a súa muller Fabia Soleta Feliz. Por unha mexericada de nada empezaron con tal barafunda que deu con Ladislau na carreira. O asombroso do asunto é que Fabia é unha cousiña de nada; pequena, fraca, miúda. Pero o carácter, ai o carácter! Que llo pregunten a Ladislau, ese home que é tan duro fisicamente que non lle entra nin o ferro. Pero hai palabras e miradas que amansan ata ó máis besta. Pasados uns bos minutos, cando xa non aguantaba máis a calor, Ladislau volveu para a casa e entrou coa cabeza gacha. Nin se dignou mirarlle á cara a Fabia. Por un se acaso.

Finca Fierro. Luns, 2 de abril de
2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario