O mundo do fútbol está cheo de
estupideces. O mundo dos partidos de fútbol está cheo de detalles
ridículos. No partido Málaga-Real Madrid (1-2) vin un detalle que
me dixen o momento que merecía un relatiño, este relatiño. O
xogador do Real Madrid, Isco, meteu un golazo de falta. Ó momento
xuntou as mans nun xesto de perdón á afección malagueña. Todos
sabemos que procede de aí. Entón foi cando me fixen a pregunta: por
que tiraches a falta? Cáeme ben Isco e aínda que lle sobra máis
dun regate, penso que é un gran xogador; pero a ese xesto, a esa
acción súa non lle vexo lóxica ningunha. Iso é coma cando das
unha labazada e pides perdón. Vaia trangallada!
Máis parvadas dos partidos de
fútbol. As celebracións dos goles. Isto xa pasa da raia. Dos saltos
de alegría e abrazos que se realizaban antes, de sempre, pasamos
agora a uns bailes e a unhas accións que, en certos momentos, ata
case che fan aborrecer o fútbol. Imaxino ós xogadores rompéndose a
cabeza na cama para inventar celebracións que queden para a galería.
Algún ata se obsesionará co gol (moitas veces en detrimento do
equipo) para poder amosar o que planificou. Se se deixaran de
trapalladas e xogaran ó fútbol.
Finca Fierro. Domingo, 15 de abril de
2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario