viernes, 1 de agosto de 2014

ASÍ DE SIMPLE. ASÍ DE SINXELO

 

               Crac! Unha pedra sobre un carro de combate. Buuum! Un obús sobre unha escola. Así de simple. Así de sinxelo. A pedra é palestina. O obús é israelí. A comparación sigue sendo simple e sinxela. Preto de 1.500 mortos causados polos obuses e bombas contra pouco máis de 50 polas pedras e morteiros. Crac! Unha pedra que, como moito, cae sobre o zapón do tanque. Buuum! Unha bomba que, con aleivosía, explota no medio e medio dun mercado cheo de xente. E de nenos. Porque sempre hai nenos en todas as partes. E nós, heroes románticos, botamos man do facebook para clamar contra este xenocidio, contra esta masacre a ver se así a comunidade internacional toma cartas no asunto. Pero ninguén é quen de rosmarlle a Estados Unidos. Porque Israel é Estados Unidos e, hoxe, Estados Unidos é Israel. Quen lle rosma ó rei do poder absoluto? Caxatos contra bombas. Pedras contra mísiles. Así de simple. Así de sinxelo. E mentres... os nenos que van caendo. Sempre son os nenos os máis indefensos e os que máis perden, claro. A vida, incluso.

 

               Café Aitana 39 da Valenzá. Xoves, 31 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario