jueves, 14 de agosto de 2014

UN ACTO ESTÚPIDO E TRAPALLEIRO



              Vivimos nun pais esperpéntico. Certo, xa o dixera Valle-Inclán… que tamén era galego. É que a nosa terra produce do que non hai. Un día atopeime cunha foto realmente espléndida: o asfaltado dunha estrada. O asfaltado? Aí estaba o esperpento; un cacho da estrada estaba sen asfaltar. Non, non había ningún obstáculo que impedise o acondicionamento dese cacho. Perdón, si había tal obstáculo… que á beira estaba a casa dun concelleiro do BNG de Sobrado dos Monxes. Agora mesmo empezo a pensar se e vez de esperpento era unha retranca do pillín do alcalde do PP. Hai que ter imaxinación e inventiva para deixar aquel cacho da estrada AC-934 sen acondicionar. “Ai si, ti es dos contrarios, toma fochancas!”. Polo que se ve, algúns amosan a súa mala uva, a súa xenreira con actos estúpidos e trapalleiros. Estúpido por mesturar a política cun ben para todo o pobo e trapalleiro porque a estrada queda… como unha trapallada feita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario