lunes, 11 de agosto de 2014

O BULEBULE DO MEDIO RURAL


              Eu pensaba que todo o monte era piñeiral. Pero era mentira. Non é así. No monte tamén hai xestas e carpazas e carqueixas e piornos e toxos e silvas. Toxos, toxos é do que máis hai. Paxaros hai poucos. Agora cada vez se ven menos paxaros. Nos anos da miña infancia estabamos das pegas ata as orellas. Agora non me acordo do último día en que vin unha pega. Se desaparecen as pegas, cantas clases de paxaros pequeniños desaparecerían xa? Si, sinceramente, o da desaparición das pegas tenme algo alucinado. De rapaz nunca pensei que chegásemos a tal situación… as pegas! Case se podía dicir que era o gran bulebule de Galicia, ou polo menos o bulebule do medio rural. E mira que lle facían dano ó agricultor! Pero hoxe ata creo que as botamos de menos. Eu bótoas de menos. Agora o gran bulebule é o xabaril, que tamén está por todos os lados e fai moito máis dano. Daquela época dos anos 60 e 70 quedan os corvos, que tamén penso que van a menos. O tempo pasa e todo cambia.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Luns, 11 de agosto de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario