lunes, 18 de agosto de 2014

PARA DESVIAR A ATENCIÓN


               Oio desde lonxe a noticia que está dando a televisión: que se manteñen os catro meses de sanción a Luis Suárez polo asalto de can que lle fixo a Chiellini. A ver, son o primeiro que dixen que, ó ser reincidente, ó ser a terceira vez que mordía, tan só había dúas opcións para el: poñerlle un bozo ou metelo nunha canceira. Pero xa que non o retiran do fútbol, tampouco poden deixar o asunto a medias. Por moito castigo que lle metan penso que vai seguir reincidindo. Entón dá igual que morda no primeiro partido ca no mes de xaneiro. Así é que, ó pobre, collérono coma chibo expiatorio da ineptitude da FIFA. A proba está en que ata os máis acérrimos inimigos de Suárez confesan que é unha esaxeración a sanción. Unha vez máis demóstrase que os que teñen o poder toman decisións esperpénticas para que se falen delas e así non se lles preste atención ás súas propias xestións. Ó non saber dirixir ben un gran organismo, o mellor é desviar a atención do mesmo con decisións absurdas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario