jueves, 14 de agosto de 2014

BAIXO NINGÚN CONCEPTO


                “A agonía de dúas horas dun reo reabre o debate sobre a inxección letal en Estados Unidos”. Claro, moitos pensarán no recluso e simplemente verán a un home que cometeu un asasinato e que, aínda que non mereza ese final, pois xa está, que se lle vai facer. Eu penso nesa agonía de dúas horas. Imaxino os espasmos do home, as pateaduras, as boqueadas, os xestos da cara e o que farían eses ollos. Antes de nada, vaia por diante a miña sentencia: non son partidario da pena de morte. Baixo ningún concepto. Non lle vexo que solucione nada. Desde secula seculorum hai pena de morte en moitos Estados ianquis e desde secula seculorum, neses mesmos Estados, seguen os asasinatos e creo que incluso aumentaron. Entendo a dor familiar da vítima e, por suposto, o desexo de ver ó asasino morto; pero, e despois que?, resucitou a vítima?, calmou a dor da familia? E se a morte é agónica... non sei, é coma rebaixarse á categoría do criminal. Creo que hai outros castigos cos que maltratar a conciencia do condenado sen ser a propia morte.

 

               Café Perla 6 de Ourense. Martes, 12 de agosto de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario