Outra
masacre máis nos Estados Unidos. E van…? Un xa perde a conta. Es as que
quedarán. Mentres non saquen unha lei na que prohiban o uso das armas, os
ianquis seguirán matando discriminadamente. Pero quen se atreve a sacar esa
lei? O poder dos do rifle é moi longo, máis longo aínda que o propio rifle.
Pais que lles ensinan ós fillos a disparar. Pais que lles mercan armas ós
fillos. E agora chegarán os “entendidos” para botarlles a culpa ós xogos
violentos, ás películas violentas. Non serán capaces de dicir que tales xogos e
cales películas é pura ficción, que a auténtica realidade está na mente humana.
E a mente humana sábese, sóubose sempre que é retorcida. Se un rapaz non ten
unha pistola, non ten con que disparar. Como moito learase a puñadas con
alguén. As puñadas non adoitan matar. As balas si. As balas incluso acenden a
ansiedade do sangue. Cantas mortes leva consigo a loucura dunha adrenalina que
bate e bate na mente dun mozo? Coa de formas que hai para descargar esa
adrenalina…! Agora botan as mans á cabeza. Máis axiña o pai porá a pistola nas
mans do fillo e daralle a orde de apuntar e disparar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario