jueves, 29 de octubre de 2015

FACER BOA MASA


              Igor Afiado Sibarita e Leandro Povo Pedralba facían boa masa os dous, eran como unlla e carne desde que se atoparan, hai xa anos, nunha carreira pedestre polas montañas daquel concello que tiña moitas montañas. Igor Afiado corría porque lle gustaba correr, e Leandro Povo corría porque non lle gustaba quedarse quieto. Os dous facían boa masa ata nos alcumes. A Igor chamábanlle O Calmado… porque lle gustaba correr sempre. A Leandro chamáballe O Nugallas… porque nunca se aburría, e de aí que nunca quixera quedarse quieto. O Calmado era de Cachamuíña e O Nugallas de Chaodarcas. A pesar de ser case veciños (case), non se coñecían. Fóronse coñecer naquelas montañas daquel concello montañoso. A partir daquel día facían boa masa. Se un se queixaba, o outro non podía ser menos e tamén se laiaba aínda que só fose por unha mexericada. Se un se ría a gargalladas, o outro facíao a cachón. Desde aquel día da carreira pedestre víanse practicamente todos os días. Falaban. Bebían. Choutaban. Eran novos. Aínda son novos. E como mozos que son fan boa masa, conxenian ben os dous.


              Café O Chicote da Valenzá. Xoves, 29 de outubro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario