martes, 13 de octubre de 2015

PECADOS VENIAIS E MORTAIS




               Imos ver. O que? Ah, non sei. Foi o que lle escoitei a unha por teléfono. A xente, cando se cabrea, berra. Esa muller debe estar cabreada porque berra abondo. Quíxose explicar e dixo: “Imos ver”. Pero calou. Agora mesmo está dicindo que “estanme dando unha patada nos güevos e...”. É mentira, claro. Ela non ten güevos. Ó mellor tenos na casa, gardados na neveira. Serán de pita, claro. Porque ela non ten güevos. Pois si que está cabreada, xa que non podo reproducir aquí as súas frases. Pola linguaxe que usa: en cada palabra, zas, unha bocalada. E hai de todo; pecados veniais e, principalmente, pecados mortais. Ó mellor a xente de agora xa non sabe a diferenza entre pecados veniais e mortais. Antigamente levábase moito iso. E non che era o mesmo, non. Os veniais aínda llos confesabas ó cura. Con apuros, pero confesábasllos. Os mortais, ai os mortais; xa eran palabras maiores. Tanto que se atragoaban. Tanto que case cometías outro: o de mentirlle ó cura. Ave María Purísima. Sen pecado concibida. A ver, que pecados tes. Os típicos: carallo, cona, non obedecer ó pais, mentir un chisquiño, e nada máis. Pero os mortais... nin o primeiro. Que vergonza, por Deus!. Ale, tres Ave Marías e tres Nosospais.

               Café Paladium da Valenzá. Domingo, 11 de outubro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario