lunes, 26 de octubre de 2015

SEN XEITO NIN DEREITO


              Ves como penso que te fuches aínda que non te foras? Quen se foi? Quen se vai? O ruxerruxe do ruído ou a calma do silencio? Nin os Anxos Custodios saben a quen custodiar. Todo é unha argallada dun personaxe que quere actuar nunha obra que aínda está por escribir. Ves como penso no que pode acontecer aínda que non se mova unha palla? Que vai acontecer? Ó mellor nada. Ó mellor asoma un maremoto ó lonxe para levar todos os pensamentos mal pensados ó limbo dos inocentes coitados. Ás veces cóntanse cousas sen xeito nin dereito. Iso é o que din algúns. Outros contamos aquilo que nunca se contou. Ou se se contou ninguén se atreveu a lelo. Si que hai que ter valor para ler certas parvadas ou certos parágrafos que non contan unha carallada. Ves como me vou polos cerros de Úbeda aínda que me atope no Outeiro Barbeiro de Baños de Molgas? É que non che é o mesmo. Que va, que va! Úbeda está alá no quinto inferno, mentres que Baños de Molgas está a pouco máis de dúas leguas. Ves como Sabina axeita os meus sentimentos cos seus versos? Máis ou menos.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 26 de outubro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario