Notábase
a leguas que Mamede Monada facíalle as voltas a Talía Mitos. Estaban os dous
sentados na terraza dunha cafetaría e os ollos del estaban pegados na cara
dela, as palabras dela recibíaas el coa a boca tan aberta que ata baballaba coa
emoción. Mamede Monada tiña 30 anos. Talía Mitos tamén tiña 30 anos. El tiña o
pelo negro e ela tíñao platino. Ó mellor era pintado. Pero non o sabemos e non
llo imos preguntar. Mamede Monada quixo, así como quen non quere a cousa,
tocarlle moi suavemente a man a Talía Mitos, pero no último momento tivo medo.
Medo a recibir unha labazada. Nunca se sabe. Pero vaia se lle facía as voltas. Garatuxas
ou aloumiños por aquí. Sorrisos por alá. Piropos como se os lanzara despistado.
Palabras tenras. Olladas intensas. Mais Talía Mitos seguía ó seu, é dicir, a
disimular que sabía o que el estaba a facer e a sorrirlle de cando en vez. A ver!,
Talía Mitos tampouco era parva e sabía moi perfectamente que Mamede Monada
estaba a facerlle as voltas. Pero como me toque leva unha hostia!... Quietos
parados!; agora xa sabemos o que opina Talía Mitos. Deixemos entón a Mamede
Monada que siga soñando.
Café
Perla 6 do Campus Universitario de Ourense.
Venres,
9 de outubro de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario