domingo, 7 de agosto de 2016

A ADRENALINA DO PODER


            Saúde, diñeiro e amor. A felicidade completa, eterna. Trapalladas! Unha auténtica pallasada! A felicidade completa está no poder. Isto si é adrenalina pura. O poder. Quen ten o poder teno todo; ten ata máis alá da felicidade... a felicidade doutros, incluso. Daniel Ortega, o presidente de Nicaragua busca perpetuarse no poder e coloca á súa dona de vicepresidente. Feijóo deixa sen vacacións ós seus para que rabuñen, para que agatuñen os votos e así acadar o poder durante, polo menos, outros catro anos máis. Erdogan pasa a vasoira por Turquía para que ninguén lle respire, para que ninguén lle cuspa.
O poder. Aí está a auténtica felicidade. A adrenalina do poder. Non digo nada sobre todas as ditaduras que existen por aí, sexan políticas, amigables e ata familiares. Todo se basea no poder. Se tes poder, auténtico poder es intocable. E os intocables, polo menos no noso país, van moito máis alá dos de Eliot Ness. Estes polo menos fan o ben. Os do noso país...
            O sábado foi San Salvador. O patrón de Baños de Molgas. Un día tan só. Pero chega este día para botar por terra a todos os demais. A este molgués que escribe, claro. A ver, nin tan sequera o meu Santo, nin tan sequera o meu aniversario, e por dicir ata digo que nin tan sequera o día 8 de setembro, o día da virxe dos Milagres lle fan sombra ó día 6 de agosto de cada ano, ó día de San Salvador, ó día de Baños de Molgas, a miña existencia.
Neste día si sinto eu de verdade a adrenalina do poder. Porque é o día no que alcanzo a felicidade completa, auténtica, única, eterna. Todo o demais queda na suplencia.


            Finca Fierro. Sábado, 6 de agosto de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario