A pesar
de que xa vai para medio ano que os vin actuar na casa da cultura da Valenzá,
aínda hoxe os teño metidos na memoria, tanto ó dúo protagonista como a propia
obra: “Rosalías: Unha vida de luces e
sombras”.. O dúo protagonista da compañía Teatro Antroido son nai e fillo.
O nome da nai, Laura Ponte, quizais sexa para algún algo engañoso, porque con
ese mesmo nome tamén anda por aí unha famosa modelo galega. Este molgués que
escribe, a maioreas de coñecer á modelo, si sabía que esta tal Laura Ponte que
nos ocupa era actriz, aínda que, ó mesmo tempo, recoñezo que descoñecía a súa
relación con Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo galego ó que se lle dedicou o
Día das Letras Galegas de 2013, que xa é dicir. E o fillo de Laura Ponte máis
Roberto Vidal Bolaño é Roi Vidal.
Os dous
xa sobre o escenario empezaron a representar unha morea de textos de e sobre
Rosalía de Castro para intentar espallar unha imaxe renovada na que a autora
padronesa non é esa muller sensibleira e romanticona co0mo se lle coñece, senón
unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo.
A
compañóa Teatro Antroido naceu no xaneiro de 1974 da man de Roberto Vidal
Bolaño e Xaquín García Marcos. Axiña, nese mesmo verán, xa entrou a formar
parte da mesma laura Ponte. Catro anos máis tarde estrean, como primeira
compañía profesional en galicia, a obra “Laudamuco,
señor de ningures”. Despois seguirían unha ducia delas dirixidas por
Roberto, cunha estética particular e renovadora baseada na utilización teatral
de diferentes tradición e xéneros, realizando espectáculos diversos formatos e
públicos, incluído o infantil.
Pasado o
tempo, Teatro Antroido propón un teatro de reflexión e de forte imaxinería
visual no que se normalice a cultura galega. E así pon especial interese na
aparición de novas voces e tendencias para enriquecer a tradición teatral
autóctona.
Volcándome
xa na nai e no fillo, nos dous actores que tiven diante min na Valenz´ña, direi
que Laura Ponte Santasmarinas naceu no outro lado do charco, máis en concreto
en Bos Aires no 1958, e que é moito máis que unha cara bonita. Empezo como creo
que empezan todos os actores que acaban sendo bos: con pequenos papeis no
teatro a mediados da décado dos 70 e así, pouco a pouco, converterse nunha
habitual nas montaxes do Centro Dramático Galego. No ano 1980 protagonizou o
telefilme “Cristian” producido polo ministerio de Asuntos Exteriores de
Alemaña. Desde mediados dos 80 ata hoxe traballou en diferentes curtametraxes
en Galicia e algunhas longas, das que coñecemos principalmente, “Urxa”, “A
noiva de medianoite”, “León e Olvido” e “Todo é silencio”.
Ó seu
fillo, a Roi Vidal, é normal que lle saíra a veta dramática, tendo de pais a
eses dous mestres teatrais. Naceu en Santiago en 1982, onde viviu ata a
adolescencia. Pasaba case todas as fins de semana na casa da súa avoa maternal,
porque os seus pais adoitaban traballar e non podían facerse cargo del (e xa
sabemos como son os traballos das pequenas compañías teatrais: de aldea en
aldea e de praza en praza). Nesas fins de semana xa mamaba da súa afección e
montaba escenas cos bonecos de Playmobil. Confesa que o que máis recorda da
infancia son os carteis, bonecos e máscaras que enchían a súa casa( a ver!...)
ou a música que Emilio Cao compuxera para o “Touporroutou da Lúa e do Sol”.
Fixo EXB
no colexio Pío XII e empezou a participar moi activamente na actividade de
Teatro de Ferradura Aberta, que era un campamento urbano organizado polo
concello da capital de Galicia e que enchía de actividade as tardes de verán na
Alameda. Coa nai non lle quedaba outra que compartir intensas xiras nas que,
confesa, que o pasaba divinamente. Licenciouse en filoloxía galega e estudou
dirección de escena na ESAD. Leva escritas e dirixidas varias obras. Quizais o
seu mellor mérito está en que, a pesar de ser fillo de quen é, el soubo buscar
o seu sitio propio. Como debe ser.
Café
Brétema da Valenzá. Domingo, 31 de xullo de 2016
Finca
Fierro. Luns, 1 de agosto de 2016
Publicado en La
Región o venres, 26-08-2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario