Como me
fixo chorar, a cabrona! Falo de Carolina Marín, a campioa do mundo e ganadora
da medalla de ouro destes Xogos Olímpicos. Vin todo o que puiden ver
(practicamente todo) dos acontecementos deportivos relacionados cos españois.
Vin a medalla de ouro de Mireia Belmonte. Vin a medalla de ouro de Rafa Nadal
con Marca López, que, recoñezo, non a esperaba, pola simple razón de que
confeso que, para este molgués, a época de Nadal xa pasou (e canto me alegro
de, hoxe, errar o tiro). Vin a medalla de ouro de Marcos Walz, que seica
algunha vez adestrou no encoro de Castrelo de Miño, e isto sempre tira algo.
Vin a medalla de ouro de Saúl Craviotto e Cristian Toro, que, este, aínda que
naceu en Venezuela é de orixe galega, de Lugo, que tamén tira. Vin a actuación
de Támara Echegoyen, que tira aínda máis por ser de Ourense. E vin a sempre
ascendente selección de baloncesto, que a pesar de empezar mal non se deixaron
ferrar polos ianquis.
Pois ben, logo de todo iso que vin, con quen realmente quedei alucinado foi con Carolina Marín, para un servidor foi o auténtico vendaval español que pasou por Río de Xaneiro. A neniña faise querer; polo seu xogo, polas súas ansias, pola alegría da súa cara e, como non, pola forma que ten de celebrar os tantos, cada tanto. Ese berriño seco e agudo. Esa ousadía ante o imperio asiático do bádminton. Canto me alegrei da súa medalla de ouro! Como chorou e como chorei con ela. Non é ningunha metáfora nin esaxeración nin rabo de gaitas. Que tiven que limpar os ollos moitas veces. Menos mal que a vin eu só, tombado na cama e emocionado ata a extenuación. Grazas, neniña. Ah, por certo, ti tamén tiras por algo: o apelido, pois aínda que sexas onubense o teu apelido é unha vila galega. E todo o galego, para este galego, tira de carallo.

Finca
Fierro. Venres, 19 de agosto de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario