Cae o
sol por detrás do outeiro, pero a calor segue a ser compañeira da nugalla. Non
hai ganas de nada. Nin tan sequera de lanzar un asubío nin de chiscar o ollo
esquerdo. Tan só unha pequena nube asoma polo horizonte. Unha pequena nube
branca. Nin tan sequera é negra. Cruza de súpeto unha pega e quedo un tempo coa
boca aberta, porque, agora, xa é raro incluso ver as pegas. Que tempos nos que
en media ducia de amieiros había dous ou tres niños de pegas! Si, que tempos!
Queda a claridade acochada por detrás do outeiro e, por diante, a sombra
nocturna empeza a ganar espazo. Ata aquí tamén o tempo pasa e todo cambia.
Pouco a pouco, pero cambia.
A noite gánalle terreo ó día e este déitase nos confíns do máis alá. Co luscofusco chega, mansiñamente, o silencio. Co luscofusco amortece, paseniñamente o ruído. Pero non así a calor. Esta segue a impregnar a pel de humidade e á nugalla de máis nugalla. Tan só a música do derradeiro mohicano fai posible que menee, que abanee a cabeza con ansia, con degoiro. Aquí, agora si, agora sae o asubío ó compás dos trebellos de Trevor Jones e case me dan ganas de chiscar os dous ollos. Miro para o outeiro e xa non vexo ningún resplandor. Tan só noto como o ruído se volveu silencio, e sinto como, a calor, pouco a pouco, dálle paso á calma, á pachorra dun fervello parsimonioso.

Finca
Fierro. Domingo, 28 de agosto de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario