Estou
coma se me pasara un tractor por encima. Aínda así quero correr
polo espazo horario da unha da noite e choutar dunha idea a un
pensamento, ou dunha filosofía a un proxecto. Estou baldado. Pero
imaxino o ruído do mar e sinto que todo está por chegar. Que o
astronauta que quero ser está tan en cirolas
que só me queda a opción de despegar nunha folla de loureiro. Estou
canso. Salto polos penedos de Barricobos e deixo que o xogo da
cireixola durma aquel tempo baixo a miña sombra. Sento
á beira do escudo do Real Madrid e non me sinto capaz de reescribir
a historia. Todo ten o seu momento. Aquel foi de cando as lavandeiras
rebulían baixo os fociños das vacas.
Estou fundido. Pero o son de Milladoiro arrástrame polo santo da pólvora e o ritmo da perna esquerda marca a distancia que vai entre a aflición e tres aleluias. Nunca deixarei que ninguén marque o meu camiño. Aínda que sempre viaxarei polo carreiro que alguén debuxa sobre as miñas veas. Ou sobre o meu sangue. Maldita escravitude nestes tempos de liberdade! De que? Nada. Tan só era un soño, un sentimento. Estou esgotado. De dar coa machada sobre anos de coidados. De agachar as costas sobre sementes de fatigas. De cavar co sacho regos de esperanza. Pero a esperanza do labrego é efémera, pasaxeira.

Finca
Fierro. Sábado, 9 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario