Cada
día que pasa a auga do río non se detén e o latexo do tempo corre
polo
pavimento
dos soños. Quen máis quen menos soña. Ou berra. Ou queda en
silencio.
Baixo
o fogo de Jerry Goldsmith zapateo a melancolía
dunha banda sonora que sempre me mantén vivo. Quero ser o astronauta
dun berro seco para, cando pase a exosfera,
quedar en silencio. Porque o silencio non molesta, non
abouxa.
Porque o espazo figúrase limpo e eterno e infinito e luminoso.
Porque
por esa
dimensión
quero bailar o valse de José Vélez ou ceder
ante
a Space
Oddity
de David Bowie.
Non hai coma o espazo, cando entre un obxecto e outro non hai nada, cando entre o campanario da igrexa de Baños de Molgas e o chan hai unha caída libre de 30 metros que máis seguro que te mande ó descanso eterno, ó terreo negro dunha sepultura na que tan só hai silencio. Cada día que pasa o sol asoma pola serra de San Mamede e acocha tras a almofada do outeiro de Brandín. Cada día que pasa o silencio chega logo do ruído. E o ruído pégase á planta dos pés do astronauta para perderse no silandeiro cosmos do infindo. Quen máis quen menos quere saltar por entre as estrelas para poder observar unha ducia de cometas. Cada día que pasa o barullo axeita o seu pesebre para facerse silencio.

Finca
Fierro. Venres, 15 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario