lunes, 25 de febrero de 2019

PROMESAS SEN FEITOS


Estamos na etapa das promesas. Das promesas que se lanzan ó vento. Despois, a realidade dinos que os feitos traen tempestades. Ai esta política nosa! Ou estes políticos nosos. É un dicir iso de chamarlles políticos. Menos mal que temos a Paquiño Sinatra que, de cando en vez, sosega moito as tensións. Polo menos a min axéitame ese estrés que me entra cando escoito, cando vexo ou cando leo o que din a maioría dos políticos. É un dicir iso de chamarlles políticos. Certo que a eles non lles preocupan os nosos pensamentos, eles van e veñen por toda a xeografía española para lanzarnos esas promesas que nunca chegarán a feitos. Certo que durante a campaña electoral percorren o demo e máis de sitos. Percorren tantos que cansan e, despois, durante catro anos xa se esqueceron por completo deses lugares. Ou sexa, que sempre se acordan de Santa Bárbara cando trona. Logo de deixar de tronar, e dicir, logo das votacións só se acordan do patrón dos nugalláns; uns din que é San Isidro e outros que Santo Domingo. É igual, vós ben sabedes por onde van os tiros. Realizan debates, berran nos mitins, inauguran se fai falta refachos de aire ou arames de alta tensión para que pousen os paxaros. O caso é cortar cintas. Estes políticos... É un dicir iso de chamarlles políticos.

Finca Fierro. Luns, 25 de febreiro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario