Miro
para o móbil. É negro. Escoito a Madonna. Outras veces escoito a
Fuxan os Ventos. Ou a Paquiño Sinatra. Ou a Charlie Santana. Procuro
oír
sempre música. Pretendo
ler a todas as horas. Intento
ver cine todos os días. Escoito a radio cando viaxo. Asubío cando
camiño por entre a néboa.
Ás veces boto un aturuxo porque me dá a gana. Ou subo a un outeiro
e berro. Berrar é tan bonito como estar en silencio. Pero nada hai
máis bonito que escoitar o mar.
Agora
escoito a Sabina. Sentarme nun acantilado e escoitar o ruído do mar
có
Sabina pegado na
orella ten que ser a éxtase total. Tamén nese mesmo acantilado
podo escoitar, a maiores, a Bach ou a Leonard Cohen. A música é tan
bonita. A música é coma o 14 de febreiro pero no mes de abril, ou
de setembro. Ata o 31 de decembro cambiaría as uvas e
as badaladas
por escoitar o son
do mar.
Quero
escoitar o mar desde o faro Fisterra. Tampouco me importaría que
fose desde o faro de Lariño. O caso é escoitar o mar. Deus, se por
min fora, ata escoitaría o mar desde o alto de Sudalomba, alá no
monte Medo, en Baños de Molgas. Miro o móbil. Non cambiou de color.
Quero morrer á beira do mar, que me depositen xunto ós penedos de
Barricobos e que me enterren en plena Sudalomba. No buraco, un disco
eterno co son
do mar.
Finca
Fierro. Mércores, 13 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario